RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Tarde de amigables mañá martes para os dous equipos alevíns do Dépor

Os dous equipos alevíns do Deportivo teñen mañá martes 30 de novembro compromiso amigable ás 19:15 no campo de herba sintética de Abegondo, co obxecto de preparar a súa participación no Torneo Gol Media Cup en Cornellá (Barcelona).

O Alevín A mídese ao Orillamar SD de categoría infantil na modalidade de fútbol sete; mentres que o Fabril FC Alevín enfróntase ao CD Esclavas.

Ambos os conxuntos están tamén á espera de coñecer o calendario da súa competición ligueira que ten previsto arrancar a mediados do mes de decembro.