RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Tino Fernández e o Consello cualifican a tempada do Deportivo de 'auténtico campañón'

Tino Fernández, Presidente do Deportivo, en nome do Consello de Administración do Club, calificó de "excelente", de "auténtico campañón" a tempada que está realizando o Deportivo. O m&aa

Pola súa banda, Manuel Ríos Quintanilla, Presidente da Asociación de Veteranos, manifestou que "quero que o Deportivo ascenda e vai ascender. Agora mesmo o Deportivo ten unha tensión psicolóxica impresionante. Despois do que pasou todo o ano, cunhas eleccións, que ademais inflúen nun persoal. Señor Presidente, señores Conselleiros, hai que animalos. Hai que estar con eles (os xogadores) porque o teñen que estar a pasar moi mal. Porque eles son os primeiros que queren ascender". Agradeceu a Pachi Dopico o seu traballo presentado esta tarde, "porque para os veteranos fixéchesnos un labor impresionante. Felicítoche e agradézoche o xesto que tes connosco".

Finalmente, Miguel Otero, Presidente da Federación de Penas, cre que "o deportivismo merece un ascenso canto antes. Había que converter o partido do Real Xaén nunha festa". Cualificou ademais o traballo de Pachi Dopico de descomunal "". "Eu sei as horas que lle levou e todo o deportivismo tenlle que estar moi agradecido".