RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Todos os equipos de #ANOSACANTEIRA, salvo o Alevín B, en acción após o parón do Nadal

Após o parón do Nadal, todos os equipos de #ANOSACANTEIRA regresan á competición, salvo o Alevín B, que arranca a Segunda Fase, no seu grupo 1º, a vindeira fin de semana.

En Segunda División B, a Fabril visita ao San Sebastián de los Reyes o domingo 14 de xaneiro ás 12:00 cun obxectivo claro, recuperar a segunda praza agora en poder do Rayo Majadahonda.

Xogan en Abegondo nesta ocasión só dous equipos: Xuvenil B (domingo ás 12:00) e Cadete A (mañá sábado ás 12:00). Para estes partidos, os socios teñen libre acceso. Para o público, a entrada sénior custa 3 euros.

Compiten fóra de casa o domingo o Deportivo ABANCA B (na Coruña); e mañá sábado o Xuvenil A (en Vilalba), Cadete B (en Oroso) e Infantil B (en Cambre).

O Infantil A, campión do grupo norte, arranca a carreira polo título galego coa Segunda Fase, da que sairá o campéon galego.

O formato de competición será de liga a dobre volta, co catro primeiros clasificados do grupo norte (Infantil A, Calasanz, San Tirso e Xuventude de Oroso) e o catro primeiros do grupo sur (Celta, Val Miñor Nigrán, Ourense e Areosa).

O primeiro rival do Infantil A será o San Tirso, o mércores 17 de xaneiro ás 19:15 no campo de Ou Monte (San Tirso).

Finalmente, o Infantil do Dépor, cos técnicos Juan Villamisar e David Lagar á cabeza compite na Internationalen U13 Sportdeal24 Cup que se desenvolverá o sábado 13 e domingo 14 en Wermelskirchen (Alemaña).

O conxunto deportivista levou a cabo a súa preparación para este torneo nas instalacións de Fútbol Indoor Coruña, para adaptar o seu xogo a esta modalidade que no centro e norte de Europa ten tanto arraigamento nos meses de inverno, o fútbol indoor.

No grupo, xunto ao Dépor, están o Horm Farm Dublin irlandés e os alemáns JSG Hilligsfeld e Borussia Dortmund.

O calendario de partidos da fin de semana é o seguinte:

Segunda División B
21ª xornada: SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES - FABRIL, o domingo 14 de xaneiro ás 12:00 no campo Matapiñonera (San Sebastián de los Reyes)
Clasificación: 1. Fuenlabrada, 44 puntos; 2. Rayo Majadahonda, 40 puntos; 3. Fabril, 39 puntos; 4. Celta B, 33 puntos...

Categoría feminina
16ª xornada: ORZÁN SD - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 14 de xaneiro ás 16:00 en La Torre
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Valladares, 45 puntos; 2. Atlético Arousana, 37 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 35 puntos; 4. Viajes InteRías Fútbol Feminino, 30 puntos...

Categoría xuvenil
19ª xornada: RACING VILLALBÉS - XUVENIL A, o sábado 13 da as 16:00 no Estadio Roca (Vilalba)
Clasificación da División de Honra: 1. Sporting de Gijón, 45 puntos; 2. Xuvenil A, 40 puntos; 3. Celta, 39 puntos...

18ª xornada: XUVENIL B - BOIRO, o domingo 14 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. Ural, 42 puntos; 3. Victoria, 37 puntos; 4. Xuvenil B e Racing de Ferrol, 34 puntos; 6. Compostela, Rápido de Bouzas e Pabellón, 23 puntos...

Categoría cadete
18ª xornada: CADETE A - VAL MIÑOR NIGRÁN, o sábado 13 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 49 puntos; 2. Cadete A, 40 puntos; 3. Calasanz, 30 puntos...

18ª xornada: XUVENTUDE DE OROSO - CADETE B, o sábado 13 de xaneiro ás 16:15 no campo Lino Balado de Sigüeiro (Oroso)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: ... 3. Xuventude de Oroso, 41 puntos; 4. Viveiro A, 31 puntos; 5. Cadete B (un partido menos), 30 puntos; 6. EF Lalín, 29 puntos...

Categoría infantil
Internationalen U13 Sportdeal24 Cup, en Wermelskirchen (Alemaña)
Sábado 13 de xaneiro
Primeira Fase
09:27: DEPORTIVO - HORM FARM DUBLÍN
10:21: DEPORTIVO - JSG HILIGFELD
11:28: BORUSSIA DORTMUND - DEPORTIVO
Por calendario clasifícanse 3 deste grupo para un grupo de 6 campións de grupo. Dese grupo de 6 campións saen os 4 campións á fase final.

Play Off polo Título da Liga Galega, 1ª xornada: SAN TIRSO - INFANTIL A, o mércores 17 de xaneiro ás 19:15 no Monte (San Tirso)

20ª xornada: SPORTING CAMBRE - INFANTIL B, o sábado 13 de xaneiro ás 16:00 no campo Dani Mallo (Cambre)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Ural B, 42 puntos; 2. Orillamar, 41 puntos; 3. Infantil B, 40 puntos; 4. Victoria B, 38 puntos...

Categoría alevín
Oitavos de final da Segunda Fase Comarcal, volta: ALEVÍN A - ÓRDENES A, o sábado 13 de xaneiro ás 12:00 na Torre. Na ida: 5-0

Categoría benxamín
Segunda Fase Primeira Comarcal, 2ª xornada: URAL A - BENXAMÍN A, o sábado 13 de xaneiro ás 13:00 horas na Torre

11ª xornada: BENXAMÍN B - ATLÉTICO ARTEIXO C, o sábado 13 de xaneiro ás 10:00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B (un partido menos), 27 puntos; 2. Victoria C, 25 puntos...