RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Traballado triunfo do Infantil A ante un Galicia Caranza que non baixou os brazos

O Infantil A logrou no Municipal de Caranza (1-2) unha traballada vitoria ante un Galicia Caranza que non baixou os brazos até o asubío final. Roque e Álvaro, un en cada tempo, puxeron por diante ao equipo que prepara Iván Vázquez; e os ferroláns recortaron diferenzas no último minuto.

Co marcador deste encontro da xornada 15ª, o Infantil A segue instalado con comodidade á fronte da táboa do grupo 1º da Liga Galega, con 43 puntos.

Infantil A: Manu, Sergio, Rubén, Álvaro, Zerfu, Lombao, Hugo García, Roque, Trigo, Baldomar e Álex González. Tamén xogaron: Matías, Martín Burgos, Eloy, Álex López e Iván.

A vindeira fin de semana, o Infantil A recibe en Abegondo ao Bertamiráns.

Os resultados até a data do equipo que prepara Iván Vázquez son os seguintes:

Infantil A 7 (Sergio -2-, Hugo Baldomar -2-, Trigo, Quique e Roque) - Imperátor 0
Once Caballeros 1 - Infantil A 15 (Hugo Baldomar -3-, Rubén, Sergio, Álex González, Trigo -2-, Xosé, Zerfu, Roque -3-, Iván e Hugo García)
Infantil A 2 (Roque e Hugo Baldomar) - Racing de Ferrol 1
Lugo 1 - Infantil A 6 (Roque -4-, Dani e Álex González)
Infantil A 1 (Iván) - Calasanz A 1
Polvorín A 0 - Infantil A 4 (Hugo Baldomar -2-, Pablo Trigo e Quique)
Infantil A 5 (Iván, Martín Burgos, Sergio -2- e Quique) - Santiago de Compostela 0
Oza Juvenil 0 - Infantil A 8 (Rubén, Lombao, Quique -2-, Álex González e Roque -3-)
San Tirso 0 - Infantil A 6 (Sergio, Iván, Hugo Baldomar, Quique, Trigo e Álex González)
Infantil A 5 (Quique, Álex González, Hugo Baldomar, Sergio e Roque) - Xuventude de Oroso 0
Bergantiños 0 - Infantil A 2 (Hugo Baldomar e Roque)
Infantil A 2 (Roque e Iván Vázquez) - Atlético Coruña Montañeros 1
Amio 0 - Infantil A 4 (Álex González, Roque, Hugo Baldomar e Lombao)
Infantil A 3 (Trigo, Roque, Álex González) - Victoria 0
Galicia Caranza 1 - Infantil A 2 (Roque e Álvaro)