Concluído o partido ante a Cultural Leonesa, Os Nosos adestraranse mañá luns 21 de novembro ás 10:30 na Cidade Deportiva, nunha sesión que será de recuperación para os titulares esta tarde en ABANCA-RIAZOR.
A próxima cita ligueira para o Deportivo será o domingo 27 de novembro ás 17:00 (InSports.tv) en Fuenlabrada, en partido correspondente á 13ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.