Triunfo hoxe do Benxamín A antes do catro partidos de mañá en #ANOSACANTEIRA
Un total de cinco equipos de #ANOSACANTEIRA adiantaron os seus partidos ligueiros a hoxe martes 5 e mañá mércores 6, festividade da Constitución, debido á ponte da fin de semana.
Así, o Benxamín A gañou hoxe martes en San Tirso (2-9); e o Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Benxamín B xogarán mañá mércores.
Coa vitoria de hoxe, o Benxamín A acaba esta primeira parte da competición como campión do grupo 2º da Primeira Comarcal A Coruña.
Serán en Abegondo mañá os partidos do Xuvenil B, Cadete A e Benxamín B. No caso dos dous primeiros partidos, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.
O calendario desta primeira quenda de partidos ligueiros, co resultado do partido de hoxe martes, é o seguinte:
Categoría xuvenil 15ª xornada: XUVENIL B - CONXO, o mércores 6 de decembro ás 12:30 en Abegondo Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 35 puntos; 2. Victoria, 34 puntos; 3. Ural, 33 puntos; 4. Xuvenil B, 27 puntos; 5. Racing de Ferrol, 25 puntos...
Categoría cadete 15ª xornada: CADETE A - BERTAMIRÁNS, o mércores 6 de decembro ás 12:00 en Abegondo (campo 5) Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 40 puntos; 2. Cadete A, 33 puntos; 3. Calasanz, 27 puntos...
15ª xornada: CONXO - CADETE B, o mércores 6 de decembro ás 12:00 no campo da Mercé (Santiago) Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: ... 4. Lugo B, 26 puntos; 5. Viveiro A, 25 puntos; 6. Cadete B, 24 puntos; 7. EF Lalín e Escola Estrada Fútbol Base, 22 puntos; 9. Victoria B, 21 puntos...
Categoría benxamín 9ª e última xornada: SAN TIRSO A 2 - BENXAMÍN A 9 (Janusz -2-, Diego -2-, Anxo, Raúl, Eder, Guille e Leandro) Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º: 1. Benxamín A (un partido máis), 25 puntos; 2. Calasanz A, 19 puntos...
9ª xornada: BENXAMÍN B - SPORTING BURGO B, o mércores 6 de decembro ás 12:00 en Abegondo (campo de herba sintética) Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B (un partido menos), 21 puntos; 2. Victoria C, 19 puntos; 3. Sporting Burgo B, 15 puntos...