RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Último adestramento do Dépor hoxe xoves antes dunha fin de semana de descanso obrigado

O Dépor puxo o punto e final a unha semana sen liga cun último adestramento esta mañá na Cidade Deportiva. Tocaba render visita ao Extremadura UD no Estadio Francisco de la Hera con motivo da 35ª xornada no grupo 1º de Primera RFEF. A retirada da competición do conxunto estremeño fai que o equipo branquiazul some sen xogar 3 puntos ao decretar a RFEF 0-2 o resultado do non partido. Así pois, o Deportivo ten xa 68 puntos na segunda praza da táboa, a 6 puntos do terceiro, o Racing de Ferrol, que se mide o sábado ás 19:00 ao Unionistas de Salamanca CF na capital castelá.

Esta mañá, Borja Jiménez decidiu adiantar a sesión media hora, ás 10:00 en lugar da habitual das 10:30, co fin de que futbolistas e técnicos poidan desprazarse aos seus lugares de orixe e gozar coa familia do venres, sábado e domingo libres.

Diego Villares, en rolda de prensa, manifestou que o cadro encara esta semana especial como "unha desconexión para afrontar con ganas o último tramo que nos queda, máis eses playoff. O calendario quixo que nos tocase descansar esta fin de semana e sen problemas pola nosa banda".

Coas ausencias no campo de Lapeña, Antoñito, Víctor e Doncel, todos eles con adestramento personalizado; Trilli, Noel, Yeremay, Iván Guerrero e David Suárez foron a representación hoxe de #ANOSACANTEIRA.

Após un quecemento, Borja Jiménez dispuxo uns rondos e un partido a tres cuartas partes do campo 2.

O Dépor volve ao traballo o luns 9 de maio ás 17:30 en Abegondo xa para empezar a preparar a visita do CD Tudelano a ABANCA-RIAZOR.