RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Últimos retoques ao xogo ofensivo en Abegondo antes de pisar mañá venres ABANCA-RIAZOR

Borja Jiménez fixo especial fincapé esta mañá en Abegondo no xogo ofensivo, (onte traballou facetas defensivas), antes de pisar mañá venres ABANCA-RIAZOR pola tarde (19:00 horas), no último adestramento antes da LXXVII edición do Trofeo Teresa Herrera ante o FC Metalist Kharkiv ucraíno deste sábado 13 de agosto ás 20:30 horas.

Como o resto de pretemporada, o encontro retransmitirase en directo a través da canle oficial de Youtube do Club grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.

Ademais do xogo ofensivo, o corpo técnico dispuxo esta mañá un quecemento, unha roda de pases e un roldo.

Ao finalizar a sesión de mañá, Borja Jiménez fará pública a lista de convocados para o partido estrela da pretemporada branquiazul e única cita na Coruña desta Dépor Xira Integral Motion 2022.

Seguen con adestramento personalizado Villares, Héctor, Raúl Carnero e Ibai Gómez.

Acerca de Villares, Borja Jiménez comentou este mediodía en rolda de prensa que "se fixo dano o martes nun golpeo. A resonancia di que ten aí un pouquiño na zona onde se fixo dano o día do playoff. Veremos como vai evolucionando. Villares é bastante animal. Esperemos que chegue sen problema á liga pero é máis unha esperanza que unha certeza. As escordaduras de xeonllo ao final son como son e depende moito da súa evolución".

Entre os futbolistas que completaron a sesión de hoxe xoves, única do día, está Trilli. O técnico branquiazul, ante os medios de comunicación, pediu prudencia para, antes de nada, "comprobar como se atopa de aquí ao sábado; pero a idea é que poida participar máis anecdóticamente que outra cousa; e que se volva a sentir futbolista. Está a custarlle asimilar as cargas despois de tanto tempo, ten bastante fatiga pero gustaríame que puidese participar un pouco, que se volva a sentir futbolista e que aos poucos vaia collendo o ton físico".

Finalmente, non houbo canteiráns hoxe no adestramento do primeiro equipo porque, segundo aclarou Borja Jiménez na sala de prensa, tanto Yeremay como Dani Barcia ou Jairo, os que estaban a participar estes días ás súas ordes, "adestraron (onte pola mañá), xogaron pola tarde (co Fabril); e hoxe co filial porque criamos que era mellor a sesión de recuperación que ían facer que o noso traballo. Temos que ter coidado cos rapaces. Hoxe Yeremay estaba moi canso. Fíxonolo saber e priorizamos que puidese recuperar".