RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Un amigable do Alevín A abre mañá xoves a fin de semana para #ANOSACANTEIRA

Un partido amigable inaugura mañá xoves 15 de novembro unha longa fin de semana para #ANOSACANTEIRA. O Alevín A, que marcha segundo clasificado na Primeira Comarcal A Coruña, enfróntase á Selección Coruñesa sub-12, ás 19:00 no campo de herba sintética de Abegondo.

A xornada ligueira arranca o venres 16 de novembro con 2 partidos:

O Cadete A defende a primeira praza da División de Honra no campo do Monte de San Tirso (17:00 horas). Tralos dous últimos tropezos branquiazuis, 1 punto separa ao conxunto deportivista do seu inmediato perseguidor, o RC Celta.

E o líder do grupo 1º da Primeira Autonómica, o Infantil B, recibe no campo 5 de Abegondo (19:00 horas), con entrada gratuíta para os afeccionados, ao Ural CF B, segundo na táboa. Agora mesmo 5 puntos separan a deportivistas de uralistas. Un triunfo branquiazul suporía un gran paso para achegarse ao campionato de liga.

Na Cidade Deportiva sobresaen os partidos, o domingo, do Fabril ante Las Palmas Atlético (11:30 horas) e do Xuvenil A fronte ao Bansander (12:00 horas).

O equipo fabrilista busca ante o cadro canario facer bo o empate agridoce do pasado domingo en Pasarón e achegarse aos postos de fóra do descenso.

Para este partido, os socios teñen acceso libre. O público paga 10 euros; e 3 euros os menores de 14 anos.

Para o encontro do Xuvenil A; e o do Cadete B (sábado ás 12:30) e Infantil A (sábado ás 12:00), os socios do Dépor teñen entrada gratuíta. O público paga 3 euros.

Compite lonxe de Abegondo a fin de semana o Deportivo ABANCA B (domingo ás 16:00 na Leyma), no derbi coruñés ante o Victoria CF B.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
12ª xornada: FABRIL - LAS PALMAS ATLÉTICO, o domingo 18 de novembro ás 11:30 en Abegondo
Clasificación: ... 14. Valladolid CF B e Unionistas de Salamanca CF, 14 puntos; 16. CDA Navalcarnero, 12 puntos; 17. Burgos CF, 10 puntos; 18. CF Salmantino, 9 puntos; 19. Fabril e Rápido de Bouzas, 8 puntos...

Categoría feminina
11ª xornada: VICTORIA CF B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 18 de novembro ás 16:00 na Leyma (A Coruña)
Clasificación da Primeira Autómica Feminina: 1. Deportivo ABANCA B, 30 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 26 puntos...

Categoría xuvenil
12ª xornada: XUVENIL A - BANSANDER, o domingo 18 de novembro ás 12:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra: ... 3. Sporting de Gijón e Real Oviedo, 24 puntos; 5. Real Racing Club, 22 puntos; 6. Ural CF, 19 puntos; 7. Xuvenil A, 18 puntos; 8. Bansander e Deportivo Roces, 14 puntos...

11ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS - XUVENIL B, o sábado 17 de novembro ás 16:00 no campo Baltasar Pujales (Vigo)
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. Pabellón Ourense CF e Victoria CF, 23 puntos; 4. CD Calasanz, 22 puntos; 5. Xuvenil B, 19 puntos; 6. CD Areosa e Racing Villalbés, 16 puntos...

Categoría cadete
11ª xornada: SAN TIRSO SD - CADETE A, o venres 16 de novembro ás 17:00 no campo do Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 25 puntos; 2. RC Celta. 24 puntos; 3. Pabellón Ourense CF e Ural CF, 22 puntos...

11ª xornada: CADETE B - CF DUMBRÍA, o sábado 17 de novembro ás 12:30 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 2. ED Xuventude de Oroso e CF Dumbría, 25 puntos; 4. Racing Villalbés, 24 puntos; 5. Cadete B, 22 puntos; 6. Galicia de Caranza, 19 puntos...

Categoría infantil
11ª xornada: INFANTIL A - SD RESIDENCIA A, o sábado 17 de novembro ás 12:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A, 30 puntos; 2. Bertamiráns FC, 27 puntos...

13ª xornada: INFANTIL B - URAL CF B, o venres 16 de novembro ás 19:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 36 puntos; 2. Ural CF B, 31 puntos...

Categoría alevín
Amigable: ALEVÍN A - SELECCIÓN CORUÑESA SUB-12, mañá xoves 15 de novembro ás 19:00 en Abegondo (campo de herba sintética)

6ª xornada: OZA JUVENIL SD A - ALEVÍN A, o sábado 17 de novembro ás 12:00 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Ural CF A, 15 puntos; 2. Alevín A, 13 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF A, 12 puntos; 4. CD Calasanz A, 10 puntos...

4ª xornada: ALEVÍN B - CD CALASANZ C, o sábado 17 de novembro ás 10:00 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. CD Calasanz C e ED Luis Calvo Sanz C, 9 puntos; 3. Alevín B e Ural CF C, 7 puntos; 5. CF Deportivo Orzán B e Atlético Coruña Montañeros CF C, 6 puntos...

Categoría benxamín
4ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A - BENXAMÍN A, o sábado 17 de novembro ás 11:00 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, CD Calasanz A e Sporting Coruñés A, 9 puntos; 4. Victoria CF A e Atlético Coruña Montañeiros CF A, 6 puntos...

4ª xornada: ED LUIS CALVO SANZ C - BENXAMÍN B, o sábado 17 de novembro ás 12:30 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. ED Luis Calvo Sanz C, 9 puntos; 2. Benxamín B e Ural CF C, 7 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF C, Victoria CF C e CD Calasanz C, 4 puntos...