Un brillante empate do Alevín A ante o FC Porto abriu unha longa fin de semana de torneos en Ribadumia, Francia e Suíza
Un brillante empate do Alevín A (na foto da noticia) ante o FC Porto (1-1) na 1ª xornada da Arousa Fútbol 7 abriu unha longa fin de semana de torneos amigables en ANOSACANTEIRA, ademais da XVIII edición do Torneo RC Deportivo en Abegondo para categoría benxamín e prebenxamín.
Mañá entra en xogo o San Tirso SD Cadete na cidade francesa de Mauguio, situada a 10 quilómetros de Montpellier, na Copa Melgueil.
Finalmente, o Fabril FC Alevín disputa en Xenebra (Suíza) a Meyrin Cup. Os rivais dos fabrilistas na Primeira Fase son o FC Lugano suízo, o ES Trinité francés e a Juventus italiana.
Hoxe venres, os fabrilistas venceron en dous encontros amigables ante o SL Benfica e FC Barcelona.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría cadete Copa Melgueil en Mauguio (Francia) Primeira Fase Sábado 18 de maio 10:00: SAN TIRSO SD CADETE - US MAUGUIO CARNON A 11:20: SAN TIRSO SD CADETE - QG ACADEMY A
Domingo 19 de maio 11:20: SAN TIRSO SD CADETE - FC MOUGINS A
Os dous primeiros de grupo xogarán os cuartos de final da Liga de Campións e os outros dous equipos os cuartos de final da Liga Europa
Categoría alevín Arousa Fútbol 7 no Complexo da Senra (Ribadumia) Primeira Fase Venres 17 de maio FC PORTO 1 - ALEVÍN A 1 (Manu Sande)
Sábado 18 de maio 9:00: ALEVÍN A - CD CONXO SANTIAGO 11:40: ALEVÍN A - FC BARCELONA 16:30: FC NORDSJAELLAND - ALEVÍN A
Os 3 primeiros de grupo pasan á Fase Final mentres que o 4º e 5º disputarán unha Fase de Consolación
Venres 17 de maio Amigable: FABRIL FC ALEVÍN 2 (Hugo Álvarez e Leo Delle) - SL BENFICA 1 Amigable: FABRIL FC ALEVÍN 2 (Hugo Álvarez e Íker Ferreiro) - FC BARCELONA 0
Meyrin Cup en Xenebra (Suíza) Primeira Fase Sábado 18 de maio 9:20: FABRIL FC ALEVÍN - FC LUGANO 10:20: ES TRINITÉ - FABRIL FC ALEVÍN 11:20: FABRIL FC ALEVÍN - JUVENTUS
En función da clasificación, os equipos pasarán á segunda fase