RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un competitivo Fabril tumba ao Rayo Majadahonda e recupera a segunda praza

O Fabril sumou 3 novos puntos en Abegondo á conta do Rayo Majadahonda (1-0), ao que derrotou grazas a un gol de Edu Expósito no minuto 3 de partido.

A partir de aí, comezou unha dura batalla entre os dous equipos. O filial deportivista por manter ese resultado e o equipo madrileño, que se presentaba en Abegondo segundo clasificado con 3 puntos máis que os coruñeses, por polo menos igualar a contenda e seguir nesa segunda praza.

Os fabrilistas mostraron solidez en defensa e sempre buscaron a portería rival. Ademais, Gustavo Munúa recupera a futbolistas importantes como Carlos López ou Luís Fernández, o que dá ao Fabril un pouso de experiencia necesaria para sacar adiante este tipo de partidos.

O encontro acabou con susto. O rayista Jeisson sufriu un duro encontrón con One que levou o medo ás bancadas. A rápida intervención do médico do Dépor e as asistencias sanitarias foron decisivas.

Con este resultado, o Fabril suma 44 puntos e é segundo na táboa, cos mesmos puntos que o Rayo Majadahonda, agora terceiro. Ademais, o líder Fuenlabrada caeu en Pontevedra (3-1) e queda a só 6 puntos de distancia (50 puntos) de fabrilistas e rayistas.

Fabril: Francis, Blas, Quique Fornos, One, Diego Caballo, Edu Expósito, Jardel, Queijeiro, Uxío, Martín Bengoa e Borja Galán. Tamén xogaron: Carlos López, Óscar e Luís Fernández.

O vindeiro sábado, a Fabril visita ao Coruxo, a partir das 17:00 horas.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0
Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar)
Fabril 0 - Gimnastica Segoviana 0
Unión Adarve 3 - Fabril 0
Fabril 3 (Uxío e Ismael -2-) - Atlético de Madrid B 0
Celta B 0 - Fabril 0
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0
Cerceda 2 - Fabril 3 (Ismael Díaz -2- e Óscar)
Fabril 2 (Ismael Díaz e Óscar) - CD Toledo 0
Fabril 1 (Uxío) - Fuenlabrada 2
San Sebastián de los Reyes 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Romay) - Racing de Ferrol 1
Real Madrid Castilla 2 - Fabril 0
Fabril 1 (Edu Expósito) - Rayo Majadahonda 0