Un erro na saída de balón castiga ao Fabril no Couto
Un fallo na saída de balón condenou (1-0) ao Fabril no seu partido ante o Ourense CF no Couto, correspondente á 21ª xornada no grupo 1º de Terceira División.
Os fabrilistas dominaron territorialmente ao seu rival aínda que, iso si, non gozaron de demasiadas ocasións de gol.
Con este marcador, o Fabril é 5º na táboa con 34 puntos e 1 partido menos xogado; a 2 puntos do Arosa SC, 4º na clasificación e último equipo que a día de hoxe xogaría o playoff de ascenso a Segunda División B.
Fabril: Álex Cobo, Valín, Bourdal, Juan Rodríguez, Martí Vilà, David Sánchez, Gandoy, Javi Sánchez, Villares, Aarón Sánchez e Jawed Boumeddane. Tamén xogaron: Mario Losada e Eimil.
A próxima fin de semana, o Fabril recibe en Abegondo ao CD Arenteiro.
Os resultados do equipo que dirixe Luisito até a data son os seguintes:
CD Choco 0 - Fabril 0 Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0 CD Arenteiro 0 - Fabril 0 Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1 SD Compostela 2 - Fabril 0 Fabril 2 (Aarón e Parga) - CD Barco 3 Bergantiños CF 1 - Fabril 3 (Aarón -2- e Pedro) Fabril 1 (Mario Losada) - UD Somozas 1 Fabril 2 (Villares e Pedro) - Rápido de Bouzas 1 Polvorín FC 1 - Fabril 2 (Mario Losada -2-) Fabril 3 (Aarón Sánchez, Mario Losada e Iago Parga) - UD Ourense 1 CD Estradense 0 - Fabril 2 (Javi Sánchez e Pedro) Fabril 2 (Pedro e Gandoy) - CD As Pontes 1 Silva SD 2 - Fabril 1 (Mario Losada) Fabril 0 - Racing Villalbés 1 CSD Arzúa 2 - Fabril 0 Fabril - UD Paiosaco H. Añón, o martes 25 de febreiro ás 16:15 en Abegondo Arosa SC 0 - Fabril 0 Fabril 4 (Pidlepenets, Villares, Pedro e Aarón Sánchez) - CD Pontellas 0 Fabril 1 (o porteiro rival en propia meta) - CD Choco 0 Ourense CF 1 - Fabril 0