RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Valioso triunfo con remontada incluída do Fabril en Fisterra

O Fabril logrou un valioso triunfo no campo Ara Solis de Fisterra, un dos terreos de xogo máis complicados do subgrupo A de Terceira División.

Aínda encima, o conxunto local púxose por diante no marcador á media hora de xogo. Os goles de Adri Castro e Javi Sánchez no último tramo do partido foron definitivos para un filial que leu perfectamente o choque na segunda metade.

Co resultado deste encontro correspondente á 10ª xornada, o Fabril ascende á terceira praza con 15 puntos.

Fabril: Alberto, Trilli, Juan Rodríguez, Yuste, Guille Bueno, Villares, Kanouté, Rayco, Sarmiento, Barba e Adri Castro. Tamén xogaron: Peke, Javi Sánchez e David Suárez.

A próxima fin de semana, o Fabril recibe en Abegondo ao Viveiro CF.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

UD Somozas 0 - Fabril 0
Fabril 5 (Rayco, Manu Mosquera -2-, Sarmiento e David Suárez) - UD Paiosaco H. Añón 0
Silva SD 1 - Fabril 1 (Iván Guerrero)
Fabril 0 - CSD Arzúa 1
Racing Villalbés 3 - Fabril 3 (Rayco, Villares e Juan Cambón)
Fabril 2 (Villares e Boedo) - CD As Pontes 0
Bergantiños FC 2 - Fabril 1 (Boedo)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - Polvorín FC 4
Fabril 3 (Adri Castro, Barba e Yuste) - Agrupación Estudantil 1
SD Fisterra 1 - Fabril 2 (Adri Castro e Javi Sánchez)