RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Vicente avanza na súa recuperación e realizou parte do adestramento co grupo

O Dépor realizou esta mañá posiblemente o adestramento máis intenso, longo (case 2 horas sobre o céspede) e esixente da semana.

Ás 11:00 en punto, os futbolistas saltaron ao campo 3 para realizar un quecemento. A continuación, Natxo González, técnico deportivista, dispuxo dun circuíto de forza con finalizacións; fútbol en espazo reducido, de alta intensidade; e, para concluír, traballo táctico no campo 2, de cara ao choque deste domingo 10 de febreiro en Granada (18:00, Movistar Partidazo).

A boa noticia protagonizouna Vicente Gómez, que se uniu ao traballo de grupo na segunda parte do adestramento despois de realizar ao principio unha tarefa específica co readaptador Fran Molano. O centrocampista canario estivo varios días á marxe a consecuencia dunhas molestias nun pé.

Adestráronse á marxe do grupo Carlos Fernández; Pedro Sánchez; e Michael Krohn-Dehli, con molestias nun Aquiles, pendente de avaliación médica.

Mañá xoves, o cadro está citada de novo en Abegondo ás 11:00 horas.