RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Xornada de recuperación mañá xoves para Os Nosos

Finalizado o encontro desta tarde-noite en ABANCA-RIAZOR, o cadro deportivista adéstrase de novo mañá xoves na Cidade Deportiva a partir das 10:30 horas.

Será unha xornada de recuperación para os titulares ante o CF Talavera de la Reina, e máis intensa para o resto do cadro.

O domingo 2 de outubro de novo haberá fútbol en ABANCA-RIAZOR, esta vez coa visita do San Fernando CD Insular (19:00 horas, TVG-2 e InSports.tv), en partido correspondente á 6ª xornada.

Co resultado de hoxe, Os Nosos suman 11 puntos e son cuartos na táboa, a 4 puntos do líder, o Córdoba CF, con pleno de vitorias até a data.