RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Xornada de recuperación para os titulares onte á noite e de alta intensidade para o resto

Os titulares onte á noite ante o Espanyol tiveron unha mañá de recuperación en Abegondo. A gran maioría optou por non saltar nin ao céspede da Cidade Deportiva, e si recibir masaxe e tratamento de fisioterapia no vestiario.

Para o resto do cadro, incluído Bakkali e o meta Rubén, o adestramento foi de alta intensidade, dividido entre o campo 2 e 3. Após un quecemento e un roldo, os futbolistas tiveron un circuíto físico con balón e, para concluír, fútbol en espazo reducido.

Adestráronse á marxe Fede Valverde e Raúl Albentosa, os dous futbolistas en proceso de readaptación deportiva.

Mañá domingo, o cadro está citada de novo en Abegondo ás 12:00 para un novo adestramento.