RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Xunta Xeral de Accionistas

Os cartóns de acceso e votación da Xunta, xa dispoñibles.   Desde este luns día 17, todos os accionistas do Real Club Deportivo da Coruña SAD que desexen acudir de forma presencial á Xunta Xeral convocada para os d&i

 

 
 

Proposta de Ampliación de Capital Social do Deportivo

O presidente do Real Club Deportivo, Tino Fernández, acompañado polo Conselleiro da área económica, Enrique Calvete e o asesor xurídico, Óscar Rama, presentou o venres 23 de outubro en rolda de prensa os detalles da proposta de Ampliación de Capital que o Consello de Administración someterá a votación na Xunta de Accionistas o próximo día 25 de novembro.

 

Podes descargar aquí o documento que recolle os puntos tratados na presentación .

En caso da súa aprobación en Xunta, non facelo constituirá  causa  de resolución  do Acordo Singular subscrito coa AEAT o 7 de marzo de 2014, o prazo máximo de desenvolvemento é de 25 meses.

Este período dividirase en cinco fases de 5 meses cada unha: as dúas primeiras (do 1 de xaneiro de 2015 ao 31 de maio de 2015 e do 1 de xuño de 2015 ao 31 de outubro de 2015) dirixidas a accionistas actuais, a terceira (do 1 de novembro de 2015 ao 31 de marzo de 2016) a socios, a cuarta (do 1 de abril de 2016 ao 31 de agosto de 2016) a empresas colaboradoras e a quinta de libre acceso).

A operación ten como importe máximo 7.819.971,60 € (se se cobre nas dúas primeiras fases), sendo esta a cifra idéntica ao capital social actual, divido en 150.118 accións de 60, 10 € cada unha; ou 6.000.000 de en € caso de chegar ás fases 3, 4 ou 5.

O presidente do Deportivo afirmou que "a ampliación de capital está dirixida principalmente ao deportivismo, ao noso propio ecosistema: accionistas, abonados e colaboradores do Club para manter a idea de 'capitalismo popular'. Somos moitos os que somos propietarios do Deportivo e penso que despois desta ampliación seremos aínda máis deses 23.014 actuais"

Tino Fernández cre que: "vai ser un éxito, pero en parte depende de como o contemos entre todos. Porque non será un éxito do Consello, será un éxito do deportivismo, porque este é diñeiro para o Deportivo, que o necesita por todos os lados. Contarémolo en todas partes para convencer a todo o mundo de que isto é bo, que é un orgullo ser accionista do Deportivo. Todos os que sintan o Deportivo teñen que estar connosco nesta operación. Esa é a idea que ten que quedar clara: isto é para o noso querido Deportivo, que necesita diñeiro".

Absolutamente todos os detalles da ampliación de capital están a disposición dos accionistas na sede do Club, no documento número 7 dos 9 aos que teñen acceso de face á Xunta do próximo día 25, na que a que esta proposta se someterá a exame e aprobación no 5º punto da orde do día.
 

Procedemento para a transmisión de accións de accionistas falecidos

O Consello de Administración do Real Club Deportivo da Coruña S.A.D. calcula que actualmente existen ao redor duns 2.000 Accionistas falecidos que aínda teñen ao seu nome acciones da Entidade que non foron transmitidas debidamente aos seus herdeiros. Por iso, e para manter actualizado o censo dos seus Accionistas, o Consello de Administración quere informar o procedemento para a transmisión de accións de Accionistas falecidos.

As directrices que deben seguir os herdeiros de Accionistas falecidos que queiran regularizar a situación poden consultarse neste documento.

A documentación requirida pode ser presentada polos herdeiros de Accionistas falecidos en horario de oficina indistintamente no domicilio social do Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D.: Praza de Pontevedra nº 19, 1º, 15003 A Coruña; ou na Oficina de Atención ao Accionista: Avenida da Habana s/n, Estadio de Riazor (Acceso dos Palcos VIP) 15011 A Coruña.

No momento da entrega da documentación deberá cubrirse ademais un formulario de solicitude que formalice o inicio do procedemento de transmisión.

Para calquera outra aclaración poden escribir a accionistas@canaldeportivo.com ou chamar ao 981 25 95 00.