RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Xusto empate do Fabril en Vigo ante o Celta B

Foto: - RCCelta -

Nun derbi igualado e con poucas opcións claras de gol, o Fabril, que chegaba ao partido con moitas baixas por lesión (Bicho, Luis, Carlos López, Óscar, Luismi...) e a ausencia de Edu Expósito (co primeiro equipo), rabuñou un punto do campo vigués de Barreiro ante o Celta B (0-0).

O choque foi de alta tensión, como todo partido de rivalidade, con moitas interrupcións do xogo e escasas intervencións dos dous gardametas.

A ocasión máis clara do partido para o Fabril chegou na recta final, cun remate de cabeza do xuvenil Pedro que sacou o porteiro vigués Jero nunha gran parada.

Con este resultado da 16ª xornada, o filial deportivista é segundo na táboa do grupo 1º de Segunda División B con 32 puntos.

Fabril: Francis, Blas, Raúl González, Quique Fornos, Diego Caballo, Martín Bengoa, Ismael Díaz, Queijeiro, Uxío, Romay e Borja Galán. Tamén xogaron: Gaizka e Pedro.

A vindeira fin de semana, o Fabril recibe en Abegondo ao Rápido de Bouzas, noutro derbi galego.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0
Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar)
Fabril 0 - Gimnastica Segoviana 0
Unión Adarve 3 - Fabril 0
Fabril 3 (Uxío e Ismael -2-) - Atlético de Madrid B 0
Celta B 0 - Fabril 0