RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Zas repite por cuarto ano consecutivo como sede dun DéporCampus Cabreiroá

O Concello de Zas acolleu hoxe venres 4 de xuño a presentación do DéporCampus Cabreiroá que se realizará na localidade por cuarto ano consecutivo.

Unha das sedes con máis éxito do verán pasado, con máis de 40 participantes, repetirá experiencia este ano a semana do 19 ao 23 de xullo.

Á presentación acudiron Manuel Muíño Espasandín, alcalde de Zas; Óscar Lema Romero, concelleiro de cultura; e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Zas e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves día 15 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.