RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Ze Castro, pendente de firma, chega ao Deportivo para reforzar o centro da zaga

O portugués José Eduardo Rosa Vale e Castro, coñecido futbolísticamente como Ze Castro, formalizó ao longo do día de hoxe luns, a falta de firma, o seu pase ao Deportivo. O central luso chega cedido pola Atlético

Ze Castro ten 25 anos e, ademais de Atlético de Madrid, militou na Académica de Coimbra portugués. A tempada 2007-08 xogou oito partidos de Liga. Na anterior, 2006-07, Ze Castro participou en 22 encontros, 20 deles como titular.

Nos últimos tempos, todos os xogadores que chegaron do Atlético de Madrid deron un gran rendemento ao Deportivo. Aí estan os nomes de Molina, Capdevila, Valerón e recentemente Javier Arizmendi. Esta tempada chegou á Coruña tamén procedente do Atlético de Madrid o dianteiro Mista, que compartirá de novo vestiario con Ze Castro.

O Futbolista atópase xa na Coruña e ten previsto pasar nas próximas horas a parte do recoñecemento medico que queda.