RCD / #ANOSACANTEIRA / BENXAMÍN A

BENXAMÍN A

06/03/2016 00:39 |

O Benjamín A achégase ao campionato ligueiro tras dobregar ao Ural

O Benjamín A acariña o título ligueiro tras dobregar (0-5) ao Ural A, o seu inmediato perseguidor na clasificación. Jorge, Zoe, Iván, Adrián e Óscar foron os autores dos goles branquiazuis. Con este resultado, o Benjamín A é líder con 52 puntos e un partido menos que o Ural, segundo clasificado con 46 puntos. O Imperátor será o próximo rival do Benjamín A.

Filtros

Buscar
Reset

14/02/2016 17:10 |

O Benjamín A exhibe o seu potencial ofensivo en Sada

O Benjamín A non deu opcións ao Raio Sadense (0-9), en partido da Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas. Luís (3), Samu (3), Dani, Pablo e Óscar foron os autores dos goles deportivistas nun partido de clara cor branquiazul. Con este resultado, o Benjamín A lidera o grupo con 46 puntos, 3 más que o seu inmediato perseguidor, o Ural A. A Vitoria A será o próximo rival do Benjamín A.

30/01/2016 12:47 |

O Benjamín A non pasa apuros ante o Olímpico

O Benjamín A apenas pasó apuros para derrotar ao Olímpico (8-0), en partido da Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas, disputado en Abegondo. Óscar (2), Pablo (2), Álvaro, Adrián, Jorge e Zoe foron os autores dos goles branquiazuis. Con este resultado, o conxunto deportivista suma 43 puntos á fronte da clasificación. O Raio Sadense A será o próximo rival do Benjamín A en esta competición.

16/01/2016 20:51 |

Partido case de trámite do Benjamín A

O Benjamín A disputó ante o Sporting Cambre A un partido case de trámite, a tenor da diferenza (17-0) existente entre ambos os conxuntos. Con este resultado, o Benjamín A é líder de grupo con 37 puntos, por 36 o Ural, segundo clasificado. O Calasanz será o próximo rival do Benjamín A.

10/01/2016 13:27 |

O Benjamín A imponse ao San Tirso e mantense no liderado do seu grupo

O Benjamín A solventó con nota a visita do San Tirso A (6-1) a Abegondo e mantense á fronte do grupo da Coruña - As Mariñas da Primeira Comarcal. Óscar (2), Dani (2), Samuel e Luís foron os autores dos goles branquiazuis. Con este resultado, o Benjamín A é líder con 34 puntos, por 33 do segundo clasificado, o Ural. A próxima semana, o Benjamín A recibe en Abegondo ao Sporting Cambre A.

20/12/2015 18:04 |

Traballado triunfo do Benjamín A en Carballo ante un potente Luís Calvo

O Benjamín A impúxose (2-3) ao Luís Calvo nun disputado partido. Dani, Samuel e Óscar foron os autores dos goles branquiazuis. Con este bo resultado, o Benjamín A continúa á fronte da clasificación do seu grupo (A Coruña - As Mariñas) de Primeira Comarcal con 31 puntos, 1 punto más que o Ural, segundo clasificado. O San Tirso A será, en xaneiro, o próximo rival do Benjamín A en esta competición. A próxima semana, concretamente o domingo 27 de decembro, o Benjamín A competirá no Torneo de Nadal do Ural.

13/12/2015 17:55 |

Partido cómodo do Benjamín A ante o Atlético Arteixo

O Benjamín A derrotó con claridade (14-0) á Atlético Arteixo en Abegondo, con goles de Pablo (4), Óscar (3), David (3), Samu (2), Hugo e Dani. Con este contundente resultado, o Benjamín A é líder do grupo con 28 puntos, con 1 punto de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Ural. O Luís Calvo será o próximo rival do Benjamín A.

613-621 de 621