RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor afina a puntería nunha esixente sesión en Abegondo

O Deportivo incidiu esta mañá en Abegondo, no campo 2, nos remates a portería, de cara ao partido deste venres 20 de xaneiro no Estadio de Gran Canaria ante Las Palmas (20:45, Gol TV).

Así, houbo un circuíto físico con finalizacións, un traballo de posesión e ensaio de movementos ofensivos con remates a portería.

Gaël Kakuta, xa novo xogador do Dépor, puido seguir parte do adestramento desde a banda, acompañado do Director Deportivo, Richard Barral, e do Director da Secretaría Técnica, Ernesto Bello.

Carles Gil e Bruno Gama continuaron o seu plan de readaptación física baixo a supervisión de Fran Molano, readaptador do Club. Borja Valle quedou no ximnasio e cos fisioterapeutas.

Esta mañá, os fabrilistas Óscar e Jardel estiveron ás ordes de Gaizka Garitano.

Mañá mércores, os futbolistas están citados ás 11:00 en Abegondo.