A competición acelérase para o Dépor ABANCA, con dous partidos ligueiros nesta semana
A competición acelérase para o Dépor ABANCA, que ten esta semana dous partidos oficiais na Primera Iberdrola: o Sporting Huelva en Abegondo o mércores 3 ás 18:30 (#Vamos), correspondente á xornada 17ª e aprazado no seu día por COVID-19; e a Real Sociedad o domingo 7 de marzo ás 11:00 en Zubieta (pendente de confirmación), neste caso da xornada 21ª.
Ademais, Manu Sánchez dispuxo desde esta tarde catro sesións de traballo na Cidade Deportiva, con esta planificación semanal:
Luns 1 de marzo 17:30 h
Martes 2 de marzo 17:30 h
Mércores 3 de marzo 18:30: Deportivo ABANCA - Sporting Huelva, en Abegondo
Xoves 4 de marzo Descanso
Venres 5 de marzo 17:30 h
Sábado 6 de marzo 10:00 h
Domingo 7 de marzo 11:00 (pendente de confirmación): Real Sociedad - Deportivo ABANCA, en Zubieta