RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Escola RC Deportivo abrirá as súas portas en Boiro, primeira sede fóra da Coruña

O Concello de Boiro acolleu hoxe mércores día 16 a presentación do acordo entre o Real Club Deportivo e o consistorio barbancés. Marcos Fajardo (concelleiro de deportes), Juanvi Cameán (coordinador das escolas municipais Boiro), Fran González (director de fútbol base do RC Deportivo) e Pablo Barros (coordinador das actividades formativas da Fundación RC Deportivo) representaron no acto a todas as partes involucradas no proxecto.

As inscricións xa se atopan abertas, para nenos e nenas entre os 6 e os 14 anos, na web escola.rcdeportivo.es. A Escola RC Deportivo de Boiro terá dúas quendas dispoñibles, os luns de 17:00 a 18:00 h. ou de 18:00 a 19:00 h., coa opción de poder adestrar unha ou dúas horas á semana.

Durante o mes de setembro realizaranse as inscricións e no mes de outubro comezarán as clases, que levaranse a cabo durante toda a temporada até xuño. As prazas son limitadas e aplicarase un protocolo de medidas hixiénico - sanitarias especial fronte á COVID-19.

A Fundación Real Club Deportivo mantén activa, por terceira temporada consecutiva, esta actividade na que se preparan contidos complementarios ao traballo que os xogadores e xogadoras desenvolven nos seus clubs, aproveitando para profundar no coñecemento e adestramento do fútbol, formándose baixo a supervisión dos adestradores da canteira do Real Club Deportivo.

Para calquera outra dúbida ou aclaración, pódese contactar coa dirección da Escola en escola@rcdeportivo.es ou no número de teléfono 981 25 95 00.