RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Escola RC Deportivo pecha o seu primeiro trimestre

A Escola RC Deportivo, este ano con sedes en Alvedro, Caranza, Boiro e Bertamiráns, pechou o seu primeiro trimestre de actividades durante a última semana do ano, con récord de nenos e nenas participantes.

Co final de cada trimestre os adestradores do RC Deportivo, preparan un pequeno boletín de cada xogador e xogadora para analizar a evolución e progresión dos participantes, adaptar os adestramentos ás súas necesidades e que as familias dispoñan dunha breve información sobre os seus fillos. Estes boletíns non soamente baséanse nos coñecementos puramente futbolísticos, senón tamén nos valores Dépor, como son o esforzo, o compañeirismo, o respecto polo rival ou polo material, entre moitos outros.

Os alumnos de Caranza e Boiro recibiron os seus primeiros boletíns informativos e os alumnos de Alvedro e Bertamiráns recibiranos á volta de vacacións, cos primeiros adestramentos de 2021.

En cada Escola RC Deportivo cumpríronse con responsabilidade todas as medidas de protección fronte ao COVID-19 e as actividades puidéronse levar a cabo con total seguridade.

A Fundación RC Deportivo agrade a todas as familias que permanecen á espera de poder reincorporarse ou que se reincorporaron á actividade, a súa comprensión e colaboración nestes primeiros meses durante as restricións de mobilidade nas sedes e que facilitaron recuperar os adestramentos e continuar coa evolución dos nenos e nenas.

As clases comezarán de novo o vindeiro venres 8 de xaneiro na sede de Alvedro, o luns 11 en Boiro, o martes 12 en Bertamiráns e mércores 13 en Caranza. As inscricións atópanse permanentemente abertas en http://escola.rcdeportivo.es/gl para participar no segundo trimestre. A participación mínima é un mes.

Para calquera dúbida ou consulta coa Escola RC Deportivo ou co proceso de inscrición poden escribir un email a escola@rcdeportivo.es.