RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A internacional venezolana Michelle Romero confesa "engancharse á Coruña, unha cidade encantadora"

A internacional venezolana Michelle Romero abriu a semana na sala de prensa virtual do RC Deportivo.

Estas foron algunhas das palabras da atacante do Deportivo ABANCA.

Remontada en Valdebebas ante o CD Tacón
"Foi un partido único, que loitamos até o final. Non nos demos por vencidas en ningún tramo do partido. Para min foi aínda máis especial polos 2 goles e a asistencia que puiden facer para axudar ao meu equipo".

Futuro da competición ligueira e se afecta o parón
"Non sei o que poderá pasar. Cada persoa ten o seu rol que debe cumprir para que se poida volver nas melloras condiciones. Aféctanos moito non só ao Deportivo ABANCA senón a todos os equipos porque levamos moito tempo xa paradas sen actividade física salvo o traballo en casa. Co tempo esperamos volver ser o que eramos antes".

Regreso á competición e temor a un contaxio
"Non creo que a Federación nos autorice a xogar sen as medidas preventivas necesarias para coidar a nosa saúde".

Balance da temporada na Primera Iberdrola
"Foi un ano marabilloso. Desde que cheguei a España tocoume un equipo e un grupo de persoas marabilloso dentro e fóra da cancha. Desde a persoa que menos se ve até a máis visible, todos fan o seu papel. Iso axudounos a nós para que podamos facer as cousas ben".

"No persoal non me ha ir como eu esperaba pero estou a traballar niso para volver máis forte e estar como quero".

"Fixemos unha actuación tremenda. Tentaremos o próximo ano mellorar o que fixemos. Será complicado pero estou segura que poderemos logralo".

Confinamento lonxe de casa e aclimatación á Coruña
"Estou lonxe da miña familia e eu son moi familiar. Trato de manterme distraída e fago exercicio, póñome a cociñar, a chamalos por teléfono por videochamada para estar pendentes e ao tanto das cousas de alá. Alá non atacou tan mal o coronavirus pero pola situación de alá".

"Gustoume moitísimo A Coruña. É unha cidade encantadora. E enganchoume".

Ganas de volver ver ás compañeiras
"Tratamos de estar en contacto todas. Temos un grupo por WhatsApp onde sempre falamos. Sempre que temos adestramento por videochamada quedamos aí un intre para falar e chancear entre nós. Todas temos ganas de vernos, de compartir de novo. Bótoas de menos a todas. Esperemos que poida acabar pronto para volver estar xuntas".

Cadro do futuro con entradas e saídas
"As expectativas de cara á próxima temporada sería tratar de facer ou mellorar o que viñamos facendo, superándonos partido por partido; seguir tendo un grupo alegre e unido".

"Sobre as posibles saídas das miñas compañeiras, se é para o seu ben nós ímolas a apoiar sempre. Nós tamén temos persoas que poidan cumprir ese papel que tan ben viñan cumprindo porque todas temos oportunidades de xogar. Logo veremos que pode pasar. Creo que vai ser unha temporada súper importante para todos".

Ampliación da liga
"Son temas que non nos corresponden a nós. Son outras persoas as que deciden. Nós témonos que preparar o mellor posible para facer o mesmo que este ano, contra os equipos que sexan".

Familia en Venezuela
"Estou na Coruña coas miñas compañeiras. A situación alá está un pouco estable con respecto ao coronavirus. Pero todos sabemos a situación do país, que tamén é preocupante. Mantémonos en contacto, chamámonos todos os días para estrañarnos menos".

"É un pouco máis difícil levalo así pero imos manter a esperanza de que todo vai pasar pronto e todo vai volver á normalidade".

Traballo día a día
"Supoño que o levo igual que todos, esperando que poida acabar isto pronto para volver ás nosas rutinas, ao noso día a día. No tema físico, a nosa preparadora física mándanos planificacións e está a seguir o noso traballo en casa".

Xusto ou inxusto non poder adestrar en Abegondo, como o masculino
"Gustaríanos empezar a adestrar e terminar a liga nos campos. Neste caso é unha decisión que non depende de nós. Temos que estar preparadas para cando nos digan".