RCD / NOVAS

A recepción oficial do Teresa Herrera, en María Pita ás 12:30

13/11/2018 19:56

- Foto: Recepción Municipal 2016 -

Como é tradicional en cada xornada do Teresa Herrera, o salón de plenos do Concello da Coruña acollerá a habitual recepción municipal aos equipos participantes no decano dos Torneos Amigables. A partir das 12:30, co alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, como anfitrión, daranse cita os presidentes de ambas as entidades, Tino Fernández e Josu Urrutia, conselleiros e directivos de ambos os clubs, concelleiros representantes de todos os grupos políticos, Juan Luis Villamisar, vicepresidente da RFGF e Manuel Vázquez, presidente da AFAC.

Nela intervirán ambos os presidentes e o alcalde da cidade antes da tradicional foto de familia xunto ao LXXIII Teresa Herrera Masculino (que se disputa ás 20:45) e o VIN Teresa Herrera Feminino (que se pon en xogo a partir das 18:15).