RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A terceira fase de LaLiga Genuine espera ao Dépor esta fin de semana en Madrid

O equipo do Real Club Deportivo de LaLiga Genuine desprázase mañá venres 5 pola tarde a Madrid para participar na terceira das xornadas desta competición organizada por LaLiga, que se celebrará esta fin de semana e que terá ao Rayo Vallecano como anfitrión.

Os 16 convocados para esta xornada de LaLiga Genuine son Iván Bernárdez, Sergio Díaz, Senén Fernández, Ignacio García, Jesús Máximo González, Gabriel López, Álvaro López, Anxo Martínez, David Miranda, Alejandro Agustín Pereira, Alejando Rey, José Manuel Serrano, Juan Andrés Taboada, Juan Agustín Torrens, Víctor Vales e Mario Ventura.

Os xogadores branquiazuis adestran habitualmente dous días á semana, normalmente na Cidade Deportiva da Torre e en ocasións en Abegondo. Esta semana realizaron unha soa sesión preparatoria, o pasado martes nas instalacións municipais. Nas semanas previas, o Dépor Genuine xogou partidos inclusivos de fútbol sala con alumnos dos colexios Liceo La Paz e Internacional de Eirís, ademais dun encontro con xogadores de categoría cadete de #ANOSACANTEIRA.

Este é o calendario de partidos do Dépor Genuine na Ciudad Deportiva del Rayo Vallecano:

Sábado 6 de abril
10:00: SEVILLA FC - RC DEPORTIVO
17:00: RC DEPORTIVO - UD ALMERÍA

Domingo 7 de abril
12:00: LEVANTE UD - RC DEPORTIVO

Trala conclusión desta fase, só restará unha para chegar á finalización da temporada. Disputarase entre os días 14 e 16 de xuño en Valencia e nela participarán a totalidade de equipos (30) que forman parte de LaLiga Genuine.