RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Xunta Xeral Extraordinaria celebrarase mañá ao non haber quórum en primeira convocatoria

A Xunta Xeral Extraordinaria de accionistas do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, celebrarase definitivamente mañá martes 14 ás 19:00 horas en segunda convocatoria após non alcanzarse quórum na primeira, hoxe ás 19:00, sen accionistas presentes en Palexco.

O Consello de Administración do Real Club Deportivo da Coruña, SAD, solicita a máxima colaboración e puntualidade de todos os deportivistas con relación á convocatoria de mañá. A estes efectos, agradécese a observancia das seguintes regras por parte de todos os deportivistas para garantir a máxima puntualidade e axilidade da Xunta Xeral:

- As delegacións a favor de calquera persoa non accionista deberán rexistrarse o martes 14 de xaneiro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 até as 17:00 en Palexco.
- As delegacións a favor de calquera persoa accionista deberán rexistrarse o martes 14 de xaneiro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 até as 17:00 en Palexco.
- Agradecemos que os deportivistas que representen a varios accionistas en virtude das delegacións recibidas realicen unha única vez o rexistro de todas as delegacións ao seu nome.
- A delegación de accións a favor dunha persoa e a posterior asistencia do accionista delegante, agradecemos que sexa tratada polo accionista delegante como unha asistencia vía invitación especial, debido á complexidade técnica do referido proceso.
- Por último, e ao obxecto de iniciar a Xunta á hora prevista, agradécese aos socios que teñen previsto asistir á Xunta, que accedan á Sala antes das 18:30 horas.