RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

ABANCA regala unha bufanda de #ASNOSAS aos 5.000 primeiros asistentes ao Estadio

ABANCA quere colaborar para dar colorido ao histórico primeiro partido oficial de #ASNOSAS no Estadio ABANCA-RIAZOR, o partido de oitavos de final de Copa de la Reina que enfrontará ao Deportivo ABANCA e a Valencia o martes 11 de febreiro ás 20:00 h.

Para iso regalará aos 5.000 primeiros deportivistas que accedan ao Estadio unha bufanda exclusiva do Dépor ABANCA. As bufandas repartiranse, até fin de existencias, equitativamente entre as 4 bancadas habilitadas para o partido.

Para poder entrar no Estadio xa están á venda as entradas solidarias a 2 euros, cantidade que se doará, íntegramente, á Cociña Económica da Coruña.

Pola súa banda todos os socios do Club terán acceso libre ao Estadio (aínda que non á súa bancada habitual nos partidos de LaLiga xa que se habilitarán, inicialmente, só as bancadas inferiores da instalación. Puertas de acceso: 22 e 23 -Pavillón-; 14 e 18 -Preferencia-; 2 e 29 -Tribuna-; 6, 9 e 11 -Marathón-).

As entradas poden adquirirse na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n), aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. 

Tamén se poden comprar de luns a sábado nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial).