RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

ABANCA-RIAZOR acolleu a entrega de premios de debuxo e redacción de "Os Nosos Valores, Escolas 110% Branquiazuis"

A sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR acolleu a entrega de premios de redacción e debuxo do proxecto Os Nosos Valores, Escolas 110% Branquiazuis, promovido pola Opinión da Coruña da man da Fundación Real Club Deportivo. Máis de 1800 escolares participaron no proxecto durante os últimos anos. Este curso foron 19 as escolas participantes, 11 menos que o ano pasado, por causa da COVID-19.

Os gañadores, que recibiron os premios acompañados polos seus familiares, foron:

Debuxo
1º. Saúl León - CEIP Concepción Arenal (Título: Súperdepor por sempre)
2º. Carlos Morente López – CEIP Portofaro (Título: Dende o Milenium ata A Torre a paixón branquiazul percorre!)
3º. Ana Reboiras Garzón – CEIP Emilia Pardo Bazán (Título: Recordos)

Redacción

1º: Brais Ferro Díez - CEIP Concepción Arenal (Título: O fútbol, máis que un deporte, un sentimento)
2º: Claudia Sobrín De Blas - Colexio Franciscanas (Título: Un bailarín non campo)
3º: Leda Tinaquero Vizoso - CEIP San Pedro De Visma (Título: O Dépor, unha historia, unha familia)

Genuine

Redacción: Cristina Pardiñas Mallón - CEEPR Aspaber (Título: Verán)
Debuxo: Ana Isabel Pérez Pouse - CEE Nosa Señora do Rosario (Título: O Deportivo)

En representación do Real Club Deportivo acudiron os conselleiros Federico García Poncet, José Luis Queijeiro e Antonio Armenteros, acompañados pola directora da área social Gelines Romero; por parte da Opinión estiveron presentes a súa directora, Carmen Merelas, Luis González, director comercial, David Rodríguez, xefe de administración, José A. Freire, director de desenvolvemento de negocio, Sandra Medín, secretaria de dirección e o xornalista Carlos Miranda; mentres que en representación de Vegalsa-Eroski acudiu o seu responsable de comunicación, Adrián Torreiro.