RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Abertas as inscricións para o curso 21/22 da Escola RC Deportivo

O vindeiro luns 4 de outubro arrincará un novo curso da Escola RC Deportivo, cuxo proceso de inscrición xa se atopa aberto en http://escola.rcdeportivo.es/gl.

Despois do éxito da temporada pasada con máis de 170 alumnos, o próximo mes de outubro comezará un novo curso na Escola RC Deportivo. O luns 4 de outubro arrancarán as sedes de Alvedro, Boiro e Cee, o mércores 6 de outubro fará o propio en Caranza e o venres 8 de outubro comezará en Bertamiráns o curso 21/22 da Escola RC Deportivo.

Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo, independentemente do seu nivel de práctica.

As inscricións xa se atopan abertas na plataforma http://escola.rcdeportivo.es/gl para todos os nenos e nenas entre 6 e 14 anos que desexen participar nesta actividade formativa da Fundación RC Deportivo. Os rapaces de 5 anos e que cumpran 6 este curso tamén poden participar xa que se respecta o ano natural para a inscrición.

Os antigos participantes da Escola RC Deportivo non é necesario que accedan á plataforma, poden reservar praza directamente enviando un email á organización á dirección escola@rcdeportivo.es indicando o día e a hora á que lles gustaría acudir.

Como principal novidade, este ano todos os nenos e nenas da escolas deben abonar a matrícula e con ela faráselles entrega dun novo equipamento oficial Kappa da Escola RC Deportivo (composto de camiseta e pantalón) coa opción de adquirir o chuvasqueiro a maiores.

Aplicarase un rigoroso protocolo de medidas hixiénico-sanitarias fronte ao COVID-19 do mesmo xeito que a temporada pasada. Haberá novas actividades, xornadas en Abegondo, sorteos de agasallos e as prazas son limitadas.

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade, etc... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es/gl.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.

O manual de instrucións para inscribirse pode descargarse aquí.