RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Abonos a prezos de segunda volta só durante 2 días!

Achéganse os #DéporDays, 2 días nos que o Dépor lanzará unha gran variedade de ofertas aos seus socios e seguidores.

Dispoñibles os días 23 e 24, unha desas oportunidades destaca especialmente: a de poder darse de alta como socio do Dépor cos prezos que estarán vixentes para a segunda volta e gozar as vantaxes de ser socio do Dépor desde xa, desde esta mesma fin de semana.

Retirando o carné o venres 23 ou sábado 24 presencialmente na OAD pagaranse os prezos que serán efectivos a partir de xaneiro pero poderase acudir co carné ao último partido de novembro e aos dous de decembro que se disputarán en Abanca-Riazor (Osasuna, Numancia e Zaragoza). Unha gran oportunidade para conseguir un abono do Deportivo pagando entre 50 e 357 euros en función das bonificacións e gozar de máis de media temporada.

Aos casos de sub-25, ADN Branquiazul, e outros carnés bonificados (estudantes, desempregados, discapacitados, maiores de 65 ou especial nen@s) súmase unha oferta especial en Preferencia Superior Córner cun paquete de abonos só dispoñible nesta ocasión para o que resta desta temporada.

Os abonos poden comprarse na Oficina de Atención ao Deportivista (localización provisional: Palacio dos Deportes de Riazor) o venres de 10:00 a 20:30 h. e o sábado de 11:00 a 18:00 h.

Esta é unha das promocións que lanzará o Dépor para os días 23 e 24. Nas próximas horas, máis ofertas...