RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Abonos a prezos de segunda volta xa á venda

Os abonos para o que resta de Temporada 2018-2019, con prezos reducidos após consumir xa boa parte da primeira volta do campionato de Liga, están á venda desde esta semana na Oficina de Atención ao Deportivista. 

Xa é posible conseguir un abono do Deportivo pagando entre 50 e 357 euros en función das bonificacións e gozar de algo máis de media temporada, incluído xa o partido do día 6 de xaneiro fronte ao CD Lugo.

Aos casos de sub-25, ADN Branquiazul, e outros carnés bonificados (estudantes, desempregados, discapacitados, maiores de 65 ou especial nen@s) súmase unha oferta especial en Preferencia Superior Córner cun paquete de abonos só dispoñible esta campaña e para o que resta desta temporada.

Os abonos poden comprarse na Oficina de Atención ao Deportivista, xa na súa localización habitual da avenida de La Habana (entrada Palcos VIP do Estadio ABANCA-RIAZOR), aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.