RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Abrimos o Estadio ABANCA-RIAZOR en Semana Santa aos Socios Protectores para que se acheguen #ánosahistoria

O Real Club Deportivo, aproveitando as xornadas de Semana Santa, ofrece a todos os seus Socios Protectores a posibilidade de coñecer parte do interior do Estadio ABANCA-RIAZOR e poder fotografarse con algúns dos trofeos máis destacados de toda a historia Deportivista, desde os máis antigos a unha representación dos oficiais, Liga, Copa e Súper Copa, pasando polo Teresa Herrera. 

Do 29 ao 31 de marzo, de 10:00 a 13:00 e de 15:30 a 19:00 h., así como o sábado 3 de abril de 10:00 a 14:00 h., os Socios Protectores poderán acceder, até completar as franxas horarias dispoñibles, ao Estadio ABANCA-RIAZOR para visitar espazos que habitualmente están pechados ao público. 

A única condición, ademais de ser Socio Protector do Deportivo, é reservar cita en http://citaprevia.rcdeportivo.es/gl. O obxectivo desta solicitude formal é ordenar o fluxo de persoas e os grupos de visitantes, máximo 4 Deportivistas por franxa horaria, polo menos un deles Socio Protector, para cumprir estritamente con todos os protocolos establecidos para este tipo de actividades na actual situación sanitaria. 

Os Deportivistas que visiten o Estadio accederán baixo a bancada de Pavillón, no acceso entre a DéporTienda e o Palacio dos Deportes de Riazor, para coñecer a evolución do Estadio e algúns detalles da historia do Club até chegar á localización ao bordo do terreo de xogo (ou nunha sala habilitada ao efecto en caso de choiva) onde se situarán algúns dos trofeos máis destacados da centenaria historia do Deportivo. Eses trofeos atópanse habitualmente noutras instalacións do Deportivo ou na Tira do Praia en virtude do acordo de concesión da instalación, polo que será unha ocasión única de poder velos de preto e fotografarse con eles no incomparable marco de #anosacasa. 

Coas fotos a pé de campo na zona de bancos, ademais de con os trofeos, finalizará este breve pero especial visita exclusiva para os Socios Protectores do Real Club Deportivo.

Se es Socio Protector do Dépor 2020-2021 pide a túa cita aquí: http://citaprevia.rcdeportivo.es/gl