RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Accidentada e traballada vitoria do Dépor ABANCA B no campo do Umia CF

O Dépor ABANCA B tróuxose os 3 puntos do campo de Barrantes nun accidentado encontro ante o Umia CF (0-2).

As deportivistas, que gozaron iso si das mellores oportunidades de gol, tiveron que pelexar até o final e mesmo acabaron con 10 xogadoras e con Nuria Torres de porteira debido a unha contusión no dedo dunha man de Miralles, cando xa o conxunto deportivista realizara todos os cambios.

Patri López e Alba Suárez decidiron o encontro cos seus goles, un en cada tempo.

Co resultado deste partido correspondente á 10ª xornada, o Deportivo ABANCA B é 3º na táboa do grupo 1º de Primeira Nacional con 21 puntos. 

Dépor ABANCA B: Miralles, Sara Álvarez, Nuria Torres, Laura Rivas, María Calvo, Alba Suárez, Lara, Patri López, Carlota, Peke e Aroa. Tamén xogaron: Ainhoa, Navia, Sara Piñeiro e Lucía. 

A próxima fin de semana toca de novo xogar lonxe de Abegondo. O Dépor ABANCA B visitará en Santander ao CDE Rácing Féminas B.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 6 (Carlota -2-, Aroa, Patri López, Patri Díaz e Ainhoa) - CD Valladares 1
Sárdoma CF 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Navia e Sara Piñeiro)
Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -2-, Alba Suárez, Bermúdez, Sara Álvarez, Navia, Sara Piñeiro e Lucía) - CD Oceja 0
Viaxes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Patri López)
Deportivo ABANCA B 2 (Nuria Torres e Alba Suárez) - Oviedo Moderno CF B 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (Aroa) - CD Monte 0
Gijón FF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Sara Álvarez)
Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Sara Álvarez e Aroa) - Atlético Arousana 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Patri López e Alba Suárez)