RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Actividade do Real Club Deportivo nos próximos días (13.03.2020)

Con motivo da situación creada polo COVID-19 e as restricións sanitarias marcadas polas autoridades, o Real Club Deportivo, en aras de preservar a saúde dos seus deportistas, traballadores e afeccionados, a partir deste momento e até nova comunicación, tomou as seguintes medidas de prevención sanitarias:

- Toda a actividade na Cidade Deportiva de Abegondo queda suspendida.

- Suspéndense todos os actos públicos de membros do Club con patrocinadores e afeccionados.

- Suspéndense todas as actividades formativas do Club ou en colaboración con outras institucións: Dépor Escola, Dépor Campus Semana Santa e Vos Nosos Valores.

- Todo o persoal do Real Club Deportivo cuxa actividade laboral permita o teletraballo, realizará as súas tarefas desde os seus domicilios.

- Mantense a vontade de celebrar a Xunta Xeral Extraordinaria de accionistas, solicitando a todos os accionistas, para que sexa posible a súa celebración e atendendo ás recomendacións das autoridades sanitarias de evitar as aglomeracións de persoas en espazos públicos pechados, que deleguen e agrupen a representación de accións para que o número de asistentes físicos á Xunta non obrigue á suspensión da mesma por superar os estritos límites legais establecidos (máis detalles).

Horarios e lugares de atención aos Deportivistas até a celebración da Xunta:

Luns 16 na OAD de 10:00 a 13:30 e en Palexco de 16:30 a 19:00 horas.
Martes 17 en Palexco de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. (O martes 17 a OAD permanecerá pechada).

- DéporTiendas e Oficina de Atención ao Deportivista manterán a súa actividade de acordo co seu horario habitual.