RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adestramento de descarga, hoxe en Abegondo

Como é habitual dous días antes de cada partido, Pepe Mel rebaixou esta mañá a intensidade do adestramento.

Tras uns rondos, o primeiro cadro, co fabrilista Edu, divertiuse xogando ao fútbol-tenis. Uns estiramentos puxeron o punto e final ao traballo sobre o céspede. A continuación, e xa no vestiario, houbo ximnasio, baño e masaxe.

Mañá sábado, o equipo está citado en Abegondo ás 10:30, para a última sesión previa ao encontro deste domingo 23 de abril en Anoeta ante a Real Sociedad (12:00 horas, Bein Sports).