RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adestramento de recuperación para o Dépor

Os titulares onte ante o Osasuna tiveron esta mañá unha sesión de recuperación en Abegondo: Juanfran, Albentosa, Arribas, Navarro, Borges, Guilherme, Çolak, Bruno Gama, Andone e Luisinho.

Todos eles realizaron unha primeira parte co grupo e, tras uns estiramentos, retiráronse aos vestiarios, para pasar polo ximnasio e a padiola de masaxe. O meta Lux nin sequera chegou a saltar ao terreo de xogo.

Para os demais futbolistas, incluídos o fabrilista Nacho Monsalve e o meta xuvenil Francis, a sesión foi de alta intensidade, cun exercicio de finalizacións e fútbol en espazo reducido.

Sidnei e Joselu están en repouso deportivo; mentres que Pedro Mosquera adestrouse co readaptador, Fran Molano.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O equipo volve aos adestramentos o mércores ás 10:30 en Abegondo, para comezar a preparar xa a visita do Espanyol a Riazor, prevista para este domingo 7 de maio ás 18:30 (Bein Sports).