RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adrián Lapeña afirma na súa presentación que vén "para tratar de facer algo bonito este ano"

Adrián Lapeña Ruiz (Logroño, 16 de abril de 1996) foi presentado esta mañá como novo xogador do RC Deportivo para as dúas próximas temporadas.

En primeiro lugar, o polivalente defensa deportivista posou para os medios gráficos no campo principal da Cidade Deportiva, acompañado en todo momento por Antonio Couceiro, Presidente do Club.

Após portar unha das bufandas oficiais do Dépor, Adrián Lapeña atendeu aos medios de comunicación. "As sensacións son moi boas. Nótase que chegas a un club grande, a un club cunhas instalacións, corpo técnico e uns empregados de moita calidade. A primeira toma de contacto foi moi boa, tamén cos compañeiros. Por esa parte moi contento", comentou en primeiro lugar.

Subliña que a xente "é moi aberta, moi sociable e desde o primeiro día xa estanche axudando. Agradecerlles polo trato a todos e seguir nesta dinámica que nos vai a ir ben".

Márcase como obxectivo persoal "dar o mellor de min. Ao final cando dás o mellor de ti é en beneficio do grupo e dos demais compañeiros. A competencia é boa para nós e tamén boa para o equipo, que é o máis importante".

Cre que a súa polivalencia é "boa porque podes axudar ao equipo en varias zonas do campo, que é o máis importante. Hai que tomalo con naturalidade".

Lapeña advirte xa que cambiou o chip, "nova mentalidade" respecto da liga pasada co CD Castellón: "Imos tratar de facer algo bonito este ano", apunta.

Recoñece que hai "varios xogadores novos pero os veteranos están a axudarnos moito, están a poñernos as cousas moi fáciles. Ese é o camiño para facer un grupo compacto".

Conta que o técnico Borja Jiménez "pídenos que sexamos protagonistas, que busquemos a portería rival. As primeiras semanas estamos a tentar facernos coa idea do míster. Imos traballar para iso, para poñelo en práctica nos primeiros amigables que teñamos".