RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alba Merino cre que o triunfo "é un paso moi grande"

Alba Merino, autora do gol do triunfo do Deportivo ABANCA ante o Sporting Huelva, pasouse pola zona mixta de Abegondo.
A centrocampista branquiazul cre que o encontro foi "moi disputado, moi traballado, moi sufrido. Custounos conseguir o tres puntos pero pelexamos para iso e creo que fomos superiores".
Confesa que na xogada do tanto decisivo "pensaba ata que era fóra de xogo. Pegueille con toda a alma. Pegoulle todo o equipo e foi gol".
Subliña Alba Merino que se marcha "moi contenta" porque "queriamos tamén manter a portería a cero que nos dá ese plus e conseguímolo".
Describe un vestiario deportivista moi feliz porque "hai que celebrar a vitoria. Aínda que o domingo xa temos outro partido, é día de celebrala".
Este tres puntos supoñen, a xuízo dunha das capitás do Deportivo ABANCA, "un paso moi grande porque apertamos outra vez a zona de descenso, collemos moral, esas sensacións que queriamos ter. É moi importante".