RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alba Merino xa ten a alta hospitalaria e recibe publicamente o apoio do Dépor ABANCA

Alba Merino foi intervida cirurxicamente onte mércores 13 de outubro no Hospital QuirónSalud A Coruña para resolver as molestias que viña arrastrando no menisco do seu xeonllo dereito.

A capitá do Deportivo ABANCA recibiu hoxe xoves 14 de outubro a alta hospitalaria e nos próximos días comezará o seu proceso de recuperación na Cidade Deportiva.

Esta mañá, a centrocampista branquiazul recibiu o apoio público do vestiario deportivista, en palabras de Inés Altamira na sala de prensa de Abegondo: "A todas encantaríanos que Alba estivese connosco, xa non só polo que achega deportivamente senón porque é unha persoa que a nivel de vestiario transmite unha alegría inmensa. Podes vir cun mal día que ela se encarga de que todas esteamos felices".

Apunta que "para ela foi algo duro. A temporada é ilusionante para todas e está claro que ela non quería perderse parte dela. Nós transmitímoslle o noso apoio. Sabe que a estamos esperando con moitísimas ganas. Oxalá pronto poida estar aquí".