RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alberto Quiles ve a #ANOSAFORZA "ilusionada; e iso para nós é moi importante"

Alberto Quiles foi elixido os medios de comunicación acreditados esta tarde como xogador MVP Estrela Galicia da LXXVI edición do Trofeo Teresa Herrera.

Na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR, o dianteiro andaluz cre que "no primeiro tempo, sobre todo nos primeiros minutos, tivemos o control do partido, con moita posesión de balón. Faltounos chegar máis, tirar a porta. Logo eles ao final da primeira parte tiveron máis posesión, máis chegada. Fanche o gol, vas ao descanso perdendo 0-1. Na segunda metade empezamos moi ben, tendo a posesión, igual que o primeiro. Nun desaxuste noso, eles fano ben e meten o segundo. Tivemos máis profundidade. Chegou o noso gol, nunha boa xogada mete Miku. Faltounos empatar o partido".

Destacou a #ANOSAFORZA na bancada de ABANCA-RIAZOR: "Escoitábaselle cantar, animar. Víuselle ilusionada e iso para nós é moi importante porque sabemos a afección que ten este Club. Que estea connosco vai axudar moitísimo".

No campo, Quiles actuou primeiro por dentro, con Miku; e logo máis escorado a banda dereita. En calquera caso, di sentirse "cómodo. O que quero é xogar. Sempre que me dea o míster a oportunidade tentareino facer ben, sexa onde sexa. Non me importa xogar por dentro, arriba, de extremo dereita. Sentínme cómodo todo o partido".