RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Alevín B, Benxamín A e Benxamín B sobresaen nos torneos amigables de hoxe mércores 1 de maio

Nos torneos amigables disputados hoxe mércores 1 de maio, día festivo, sobresaíron as actuacións do Alevín B e Benxamín A, campións en Cerceda e Laracha respectivamente; e Benxamín B, medalla de bronce no Trofeo Concello de Cerceda.

O Alevín B viaxa ademais a fin de semana á cidade alemá de Osnabrück para participar nun torneo, a Radikal Darts Cup, organizado polo Osnabrücker SC.

Ouro para o Alevín B e bronce para o Benxamín B no Torneo Concello de Cerceda

Alevín B e Benxamín B representaron ao RC Deportivo hoxe mércores 1 de maio, día festivo, na 13ª edición do Trofeo Concello de Cerceda, torneo que se disputou no Complexo Deportivo de O Roxo.

O Alevín B foi brillante campión nun torneo no que demostrou o seu enorme potencial. En 5 partidos, só o Victoria CF foi capaz de marcarlle un gol aos branquiazuis.

O meta deportivista Rodrigo foi o menos batido; e o dianteiro branquiazul Diego foi o pichichi do torneo.

Os resultados do conxunto deportivista foron os seguintes:

Primeira Fase
ALEVÍN B 3 (Yago, Guillermo e Diego) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
ALEVÍN B 2 (Íker e Raúl) - SPORTING CAMBRE 0
ALEVÍN B 5 (Guillermo, Raúl, Anxo e Diego -2-) - CD OBRERO 0

Semifinal
ALEVÍN B 5 (Anxo, Xabi, Balbas, Raúl e Diego) - VICTORIA CF 1

Final
ALEVÍN B 4 (Xabi -2-, Rubén e Nico Ruiz) - SAN TIRSO SD 0

Pola súa banda, o Benxamín B logrou a medalla de bronce, meritoria ao competir con equipos formados case todos por xogadores un ano máis maiores.

Os resultados do equipo branquiazul foron estes:

Primeira Fase
BENXAMÍN B 4 (José Quiroga -2-, Iago Lameiro e Pablo Somoza) - SAN TIRSO SD 0
BENXAMÍN B 6 (Pablo Somoza -2-, Raúl, Javi, José Quiroga e Iago Lameiro) - OLÍMPICO CF 0
BENXAMÍN B 2 (Pablo Somoza -2-) - VICTORIA CF 1

Semifinal
BENXAMÍN B 0 - URAL CF 1

Final de consolación
BENXAMÍN B 4 (Nico, Javi, Lucas Vázquez e Pablo Somoza) - BETANZOS CF 0

O Benxamín A gana o torneo do Laracha CF

O Benxamín A adxudicouse hoxe mércores 1 de maio o torneo que organiza cada ano o Laracha CF no Municipal de Laracha, e que alcanzou a súa 9ª edición.

O conxunto deportivista xogou e gañou 6 partidos, cun balance contundente: 33 goles a favor e ningún en contra.

Os resultados do Benxamín A foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN A 9 (Paulo -4-, Yago Trigo -2-, Joaquín -2- e Paulo) - OZA JUVENIL 0
BENXAMÍN A 4 (Íker, Ioan, Joaquín e Pablo Ronquete) - SPORTING CAMBRE 0
EFM BOIRO 0 - BENXAMÍN A 2 (Gael e un futbolista rival en propia meta)

Cuartos de final
BENXAMÍN A 8 (Íker -3-, Pablo Ronquete -2-, Mauro, Joaquín e Gael) - VICTORIA CF D 0

Semifinal
BENXAMÍN A 8 (Paulo -2-, Nico, Yago Trigo, Joaquín, Íker, Ioan e un futbolista rival en propia porta) - ED LUÍS CALVO SANZ 0

Final
BENXAMÍN A 2 (Iago Vázquez e Uxío) - LARACHA CF 0

O Alevín A acaba décimo na AFE Mijas Cup (Málaga)

Pola súa banda, o Alevín A participou hoxe mércores 1 de maio na 5ª edición da AFE Mijas Cup Escola de Valores, competición que se desenvolveu nas Lagoas de Mijas (Málaga), organizado pola AFE (Asociación de Futbolistas Españois) e o CP Mijas.

O conxunto deportivista, após caer na fase de grupos ante Málaga CF e Real Betis, logrou a 10ª praza do torneo.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

MÁLAGA 2 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 0 - REAL BETIS 7

Posto do 9º ao 12º

SELECCIÓN AFE 1 - ALEVÍN A 6 (Xenxo -2-, Marcos, Erick, Cristian e Daniel)
ALEVÍN A 0 - LEVANTE UD 3

Cita xermana para o Alevín B

Esta próxima fin de semana, o Alevín B afronta en Osnabrück (Alemaña) a Radikal Darts Cup.

O conxunto deportivista quedou encadrado en primeira instancia no grupo C, co FC Wilmersdorf, Osnabrücker SC Blau e Ruzinov Bratislava.

O calendario é o seguinte:

Sábado 4 de maio
09:18: ALEVÍN B - FC WILMERSDORF
10:12: RUZINOV BRATISLAVA - ALEVÍN B
11:06: ALEVÍN B - OSNABRÜCKER SC BLAU

Segundo clasificación, os equipos accederán despois a unha segunda fase.