RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álex Bergantiños pide "afrontar o presente, prepararnos ben e pechar canto antes ese acceso á Primera RFEF"

Álex Bergantiños, capitán do Deportivo, indicou que o vestiario era consciente de que o equipo "non dependía de nós nesta última xornada. Tiñamos que sumar para o que fose, neste caso para a fase de ascenso á Primera RFEF, e contentos polo partido. É unha decepción porque había opcións de entrar aí no grupo de arriba. Quedamos a un punto deses tres equipos. Era unha competición que non permitía erros, moi curta. Non fixemos ben as cousas en partidos anteriores e dentro do malo de non entrar creo que a evolución do equipo é positiva. O formato de competición penaliza moito aos equipos que arrancaron mal".

Confesa que o vestiario está "un pouco decepcionado porque había ilusión de poder entrar. Hai que seguir, hai un novo obxectivo que afrontar. Hai que respectar polo que hai que loitar agora mesmo. Temos que entrar como sexa nesa Primera RFEF. Este ano vimos multitude de exemplos de equipos que baixaron dous ou tres categorías. O formato é como é. Hai que respectar aos novos rivais sabendo que imos primeiros deste grupo. Hai que asegurar ese terceiro chanzo do fútbol profesional".

Conta que lle transmitiu ao resto de futbolistas branquiazuis que "é duro de asimilar pero tal e como está montado este ano, con cen equipos nunha competición como esta, se consegues entrar aí te quedas coma se perdeses o playoff no último minuto. É unha criba moi importante e por iso é fundamental conseguir entrar nesa nova Primera RFEF na que esperamos que coa normalización da pandemia haxa máis estabilidade e que o Club poida estar nese chanzo previo ao fútbol profesional".

O mediocentro coruñés lembra que este subgrupo "tiña un nivel bastante potente. Era un risco que había que nunha competición curta se se che dá un pouco mal, demos uns bandazos, e non chegamos a tempo. É unha competición que se fixo de forma excepcional, co tema pandemia, cos non descensos do ano pasado. É inxusto en moitos aspectos pero formulárono así".

Queda Álex Bergantiños co presente: "o fútbol ten pouca memoria. A principio de temporada sería un fracaso, unha decepción polo que xera o Dépor e as expectativas que había nesta temporada. Tiña as miñas dúbidas polo formato de competición que non ía deixar ningunha marxe e a esixencia que tiñamos aquí. Se nos din antes do Pontevedra moitos asinariamos estar en situación de máis catro na liguiña da Primera RFEF. O que temos que facer é afrontar o presente, prepararnos ben para pechar canto antes ese acceso á Primera RFEF e asumir a situación".