RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álex e Carlos Fernández quedan coa unión entre o equipo e a bancada

O capitán Álex Bergantiños e Carlos Fernández foron os protagonistas na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O mediocentro coruñés manifestou que un dos obxectivos desde a pretemporada "era volver unir afección e equipo. Que a xente se identificase ao vir ao ABANCA-RIAZOR. Imos ter partidos mellores ou peores pero estamos a conseguilo".

Subliña Álex que a xente está a ver "a un grupo unido que traballa en beneficio de todo o Club. É a primeira pedra para conseguir un ascenso".

Preguntado por Carlos Fernández, indicou que "é un rapaz espectacular. Está a traballar moito nos adestramentos. Dános moito en ataque e en defensa e merecíallo".

Pola súa banda, o propio Carlos Fernández, protagonista do choque con 3 dianas, indicou que sae "contento porque conseguimos os 3 puntos. O partido era un pouco trampa, difícil, ante un rival que os puntos que ten non reflicten o xogo que fixo até o momento. A primeira parte foi moi complicada, deixaron poucos espazos. A estratexia abriunos o camiño. Na segunda cos goles foi máis tranquilo".

Quixo dar as grazas "á xente que me apoia non só nos bos momentos, senón tamén nos malos. Está claro que o Sevilla é un. Polas lesións que tiven estiveron aí, axudáronme sempre".

Lembra que marcou un 'hat-trick' co Sevilla Atlético en Segunda División B. E hoxe, defendendo as cores do Dépor no seu segundo 'hat-trick', queda coa bancada, "porque eles son parte fundamental de que os partidos de casa póidanse conseguir vitorias, póidase facerse fortes aquí. Darlle moito as grazas porque o de hoxe foi impresionante".