Álex Bergantiños entra hoxe de cheo en #ANOSAHISTORIA ao converterse no 46º dos preto de mil futbolistas que disputaron algún partido oficial co RC Deportivo que alcanza os 200 encontros defendendo a camiseta branquiazul.
Pasaron pouco máis de 7 anos do seu tardío debut co primeiro equipo deportivista, pois antes de dar o salto foi cedido a Xerez durante dúas campañas, mentres que noutra máis estivo a préstamo no Granada e o Gimnàstic de Tarragona. Álex estreouse co Dépor con 26 anos, o 27 de agosto de 2011, en partido de Segunda División en Riazor ante o Recreativo de Huelva (1-0).
- Álex, en acción durante su primer encuentro oficial con la camiseta blanquiazul -
Con anterioridade, Álex disputara diversos amigables co primeiro equipo. O primeiro deles remóntase ao 29 de marzo de 2005, cando o Dépor mediuse ao Atlético Arteixo (6-0) en Riazor nun choque benéfico para recadar fondos para o conxunto branquivermello debido á súa precaria situación económica.
Álex viviu dous ascensos á máxima categoría e un descenso á división de prata. Ademais, asinou 8 goles, algún deles histórico como os logrados no Camp Nou (2-2) na Temporada 2015-16 e un curso despois na vitoria ante o Barcelona en Riazor (2-1).
A pesar das habituais cesións, a última elas durante a campaña pasada ao Sporting de Gijón, Álex pertence á disciplina deportivista desde que ingresou no Club sendo xuvenil, en 2002. Desde a súa chegada procedente do Imperátor son xa 17 temporadas como branquiazul. En 4 delas (2004-2008) formou parte do Fabril, co que disputou 152 partidos que o converten no 11º xogador que máis encontros disputou na historia do filial.
Máis aló das súas actuacións co Deportivo e o Fabril, Álex demostrou ser un exemplo de responsabilidade fóra do campo e de compromiso e limpeza dentro del. Isto último demóstrao o feito de que nos seus máis de 350 partidos no fútbol profesional nunca viu unha cartolina vermella.
Ademais, Álex é o noveno futbolista nado na Coruña que alcanza as 200 aparicións co equipo da súa cidade. Con anterioridade fixérono Juan Acuña, Jorge, Loureda, Pedrito, Manolete, Ponte, Chao e Chacho.
Para elaborar esta lista, o RC Deportivo toma en conta calquera encontro no que o xogador saltase polo menos un minuto ao terreo de xogo co primeiro equipo en Liga –xa sexa en Primeira, Segunda, Segunda B ou Terceira–, Copa de España, Supercopa de España, Copa da Liga, promocións entre Primeira e Segunda e entre Segunda e Terceira, Liga de Campións, Recopa de Europa, Copa da UEFA, Copa Intertoto e Campionato de Galicia –disputado entre 1917 e 1940–, ademais de calquera partido anterior a 1917 a pesar de non ser considerados oficiais.
Estes son os 46 futbolistas que disputaron máis de 200 partidos oficiais co RC Deportivo:
Xogador | Partidos | Anos | |
1 | Fran | 700 | 1987-2005 |
2 | Manuel Pablo | 482 | 1998-2016 |
3 | Mauro Silva | 459 | 1992-2005 |
4 | Valerón | 422 | 2000-2013 |
5 | Donato | 393 | 1993-2003 |
6 | Sergio | 383 | 2001-2010 |
7 | Juan Acuña | 380 | 1937-1955 |
8 | Piña | 340 | 1973-1983 |
9 | Pancho García | 331 | 1975-1985 |
10 | Domínguez | 327 | 1960-1971 |
11 | Vicente | 325 | 1980-1989 |
12 | Jorge | 323 | 1977-1991 |
13 | Loureda | 319 | 1962-1974 |
14 | Romero | 306 | 1998-2006 |
15 | Silvi | 305 | 1980-1988 |
16 | Guimeráns | 304 | 1937-1950 |
17 | Scaloni | 301 | 1997-2006 |
18 | Traba | 297 | 1975-1977 / 1978-1988 |
19 | José Luis | 291 | 1978-1987 |
20 | Víctor | 288 | 1999-2006 |
21 | Naybet | 284 | 1996-2004 |
22 | Alfonso Castro | 280 | 1973-1982 |
23 | Ballesta | 278 | 1974-1985 |
24 | Djukić | 271 | 1990-1997 |
25 | Pedrito | 262 | 1936-1938 / 1939-1950 |
26 | Tristán | 254 | 2000-2006 |
27 | Belló | 253 | 1968-1977 |
28 | Manolete | 250 | 1964-1972 |
29 | Capdevila | 247 | 2000-2007 |
30 | Richard | 245 | 1972-1980 / 1985-1987 |
31 | Reboredo | 242 | 1933-1937 / 1939-1947 |
32 | Lopo | 237 | 2006-2011 / 2013-2016 |
33 | Molina | 235 | 2000-2006 |
34 | Gil | 234 | 1985-1991 |
35 | Ponte | 233 | 1945-1954 / 1959-1961 |
36 | Chao | 232 | 1939-1949 |
37 | José Ramón | 230 | 1987-1995 / 1998-1999 |
38 | Riki | 226 | 2006-2013 |
39 | Duscher | 223 | 2000-2007 |
40 | Laure | 213 | 2007-2017 |
41 | Veloso | 211 | 1958-1965 |
42 | Luis | 207 | 1968-1976 |
43 | Chacho | 205 | 1929-1935 / 1936-1944 / 1945-1946 |
44 | Moreno | 204 | 1981-1986 |
45 | Nando | 201 | 1992-1998 |
46 | Álex Bergantiños | 200 | 2011-2017 / 2018-2019 |