RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

#ANOSACANTEIRA márchase de vacacións do Nadal cun sorriso

Catro equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron actividade esta semana, a última antes das vacacións do Nadal. Tres deses partidos foron onte venres e o último hoxe sábado. En todos houbo vitoria branquiazul.

En categoría feminina, o Deportivo ABANCA B derrotou (6-2) ao Milagrosa no encontro aprazado o pasado 10 de decembro polo temporal, pertencente á xornada 14ª na Primeira Autonómica Feminina. Patri foi a gran protagonista do encontro, con 3 tantos e 2 asistencias de gol.

O Xuvenil B tivo dobre compromiso: de liga onte venres 22, en partido da xornada 17ª adiantado ao 7 de xaneiro, que se saldou con triunfo deportivista (2-0); e amigable, o Memorial Javier Nieto, hoxe sábado 23 na Torre. Impúxose o Dépor (6-2), con tantos de Iñaki -2-, Padín, Bruno -2- e Julián; aínda que o de menos foi o resultado.

Tamén amigable, o Memorial José Bustelo, foi o partido de onte do Cadete B ante o Maravillas na Grela 2. O triunfo foi deportivista (0-5).

Esta mini xornada semanal púxoa en marcha o pasado mércores 20 de decembro o Alevín A, co partido de ida de oitavos de final da Segunda Fase Comarcal. Gañou o Dépor (0-5).

Os resultados dos partidos foron os seguintes:

Categoría feminina
14ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 6 (Patri -3-, Vero -2- e Michelle) - MILAGROSA 2
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Valladares, 39 puntos; 2. Atlético Arousana, 37 puntos; 3. Deportivo ABANCA B (un partido máis), 32 puntos; 4. Viajes InterRías FF, 27 puntos; 5. Umia, 26 puntos...

Categoría xuvenil
17ª xornada: XUVENIL B 2 (Rojo -2-) - LÉREZ 0
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 41 puntos; 2. Ural, 39 puntos; 3. Victoria, 37 puntos; 4. Xuvenil B (un partido máis), 34 puntos; 5. Racing de Ferrol, 31 puntos...

Memorial Javier Nieto: XUVENIL B 6 (Iñaki -2-, Padín, Bruno -2- e Julián) - COMBINADO COMPAÑÍA DE MARÍA - SANTA MARÍA DEL MAR 2

Categoría cadete
Memorial José Bustelo: MARAVILLAS 0 - CADETE B 5 (Mouriño -2-, Xavi, Padín e Iago)

Categoría alevín
Segunda Fase da Primeira Comarcal A Coruña, oitavos de final, ida: ÓRDENES A 0 - ALEVÍN A 5 (Pablo, Héctor, Óscar, Dani e Álvaro)