RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Anquela convoca aos mesmos 18 futbolistas de Montilivi para recibir mañá á UD Almería

Juan Antonio Anquela citou a 18 xogadores, os mesmos que se vestiron de curto o pasado xoves en Girona, para a seguinte cita ligueira de mañá domingo 6 de outubro en ABANCA-RIAZOR ante a UD Almería (18:30horas, Gol).

Quedan fóra da convocatoria por lesión David Simón, Somma e Koné.

 
Esta mañá, após un quecemento e uns rondos, os futbolistas branquiazuis, hoxe ademais coa meta fabrilista Boian, realizaron un repaso de accións a balón parado a cargo do técnico Alejandro Esteve; e unha tarefa de finalizacións.

O traballo sobre o céspede finalizou cun partido en espazo reducido, pero só para os que non xogaron de inicio o pasado xoves en Montilivi.

Após o encontro ante a UD Almería, Anquela citou de novo ao cadro o luns 7 de outubro ás 10:30 en Abegondo.