RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Anquela: "Creo que somos un equipo bastante mellor do que están a dicir os números"

Juan Antonio Anquela asegurou esta noite na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR, que, a pesar do empate ante o CD Mirandés, "persoalmente creo neste equipo e non teño a menor dúbida de que as cousas irán a mellor".

O técnico deportivista subliña que "non perdín a ilusión e a forza. Non as vou a perder xamais. O fútbol dime que hai que pelexar até o último segundo e nós imos pelexar porque temos que saír desta situación. Creo que somos un equipo bastante mellor do que están a dicir os números".

É máis, insiste que o Dépor "ten mellor cadro do que estamos a dar. Téñoo clarísimo. Se analizamos, temos xente importante fóra. Hoxe practicamente debutaron Peru (Nolaskoain) e Longo. Ese é un problema. Até hai 20 días ou así viñeron 5 futbolistas novos. E iso é moi complicado".

Iso si, do partido, Anquela opina que "a xente ten toda a razón en protestar. Tentamos facer as cousas ben e non nos saíu practicamente nada. Fomos un equipo con poucos recursos hoxe. Non estivemos coa tensión necesaria. Logo na segunda parte quixemos, tivemos opcións de gañar o partido. Pero en liñas xerais non fomos o equipo que eu quero".

Pola súa banda, Andoni Iraola, técnico do CD Mirandés, mostrouse "satisfeito co traballo que fixemos hoxe. Ao final ímonos cun punto. Pásanos como o último partido ante o AD Alcorcón. Non ves lonxe a posibilidade de poder sacar os 3, e levas 1. É verdade que nun campo difícil, como é ABANCA-RIAZOR, sacar 1 punto é un bo resultado. Pero durante varias fases do partido, non tiñamos lonxe a vitoria".